Thursday 22 de January de 2026

A Xunta destaca que o novo Centro de Atención Integral de Adaceco mellorará a calidade de vida das persoas con dano celebral adquirido


O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou que o novo Centro de Atención Integral da Asociación Dano Cerebral A Coruña (Adaceco) suporá un paso adiante no benestar e calidade de vida destas persoas e dos seus familiares. Díxoo tras participar esta mañá nunha visita organizada pola entidade ás obras deste equipamento, que xa se atopan na súa fase final.

Jacobo Rey puxo en valor o labor que desenvolve Adaceco no acompañamento, atención e rehabilitación das persoas con dano cerebral adquirido. Neste sentido, subliñou a importancia de continuar reforzando a colaboración entre Xunta e entidades sociais, cuxo traballo considerou fundamental para tecer unha rede de servizos de proximidade que chegue a todos os recunchos de Galicia.

Deja un comentario