Wednesday 21 de January de 2026

Rescindido o contrato do Servizo de Axuda a Domicilio do concello de Miño; urxe a contratación dunha nova empresa!


O Grupo Popular de Miño apoiou onte en comisión informativa urxente a rescisión do contrato da empresa encargada do Servizo de Axuda a Domicilio (SAD), debido aos reiterados incumprimentos detectados na prestación do servizo.

O respaldo á proposta fundamentouse na necesidade urxente de garantir que os usuarios reciban a atención en condicións adecuadas e no menor prazo de tempo posible, dado que se trata dun servizo esencial para persoas maiores e dependentes.

A portavoz do Grupo Popular, Fátima Blanco, reclamou ao goberno municipal maior axilidade na tramitación dun novo contrato que permita restablecer o servizo con normalidade e evitar que os usuarios sigan véndose prexudicados pola falta de atención.

Desde o Grupo Popular lamentan a morneza do goberno municipal ao non esixir responsabilidade á empresa #ante unha situación que consideran grave e que requiría dunha solución moito máis áxil e contundente.

A xestión do problema deixou en evidencia a incompetencia da concelleiro de Servizos Sociais.

Deja un comentario