Alternativa dos Veciños mantivo reunións cos equipos directivos do CEIP Vicente Otero Valcárcel, do IES de Carral e do CEIP de Tabeaio co obxectivo de coñecer de primeira man as súas necesidades e ofrecer apoio.
Como resultado destes encontros, e recollendo as demandas formuladas polos propios centros, o grupo municipal remitiu un escrito á Consellería de Educación da Xunta de Galicia esixindo se teñan en conta as necesidades reais da comunidade educativa de Carral.
Entre as principais reclamacións, o grupo municipal insiste na importancia de que o incremento de poboación sexa un factor determinante á hora de planificar unidades, recursos e persoal docente de todos os centros. De maneira concreta, recolleronse, entre outras, as seguintes demandas para cada un dos centros:
-CEIP Vicente Otero Valcárcel: Axilizar o inicio da obra de ampliación do centro ante o notable aumento de matrículas.
-IES de Carral: Actuación no revestimento exterior e creación dunha zona exterior cuberta para que o alumnado dispoña dun espazo seguro e cómodo durante recreos, agardas ou a posibilidade de facer actividades ao aire libre en días de choiva ou sol intenso.
-CEIP de Tabeaio: Incorporación de especialista en Educación Física , reposición de equipos informáticos e ampliar os tempos de atención para o alumnado con necesidades educativas especiais.
Alternativa dos Veciños de Carral continúa e seguirá apoiando a educación no concello.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.