Wednesday 21 de January de 2026

Sen solución ao conflito laboral non hai desbloqueo


Alternativa dos Veciños que continúa a apoiar as reivindicacións do persoal municipal e demanda coñecer os avances das negociacións que se están a manter dende o goberno municipal.

O grupo municipal defende que dar resposta ás demandas do funcionarado debería ser unha das principais prioridades para avanzar no desbloqueo administrativo do Concello de Cambre.

Entre as últimas actuacións da Xunta de Personal atopase a solicitude dunha investigación para determinar as causas da parálise administrativa que se está a producir e que está a impedir, entre infinidade de asuntos, o pagamento da subida salarial estatal, das productividades e das axudas reguladas. Así mesmo, denúnciase a falta de convocatoria de comisións obrigatorias – como a de Seguridade e Salud, productividade ou o Plan de Pensións- e a inexistenciade dun sistema de carreira profesional.

Alternativa lembra que a situación de crise ten a súa orixe na mala xestión do goberno de Unión por Cambre. Con todo, subliña, que este feito non exime ao actual goberno municipal da responsabilidade de dar pasos firmes nas negociacións, nin de garantir transparencia tanto coa veciñanza, os membros da corporación e o persoal municipal.

Deja un comentario