Friday 22 de November de 2024

O futuro do sector gandeiro, a debate en Ordes


O auditorio da casa da cultura de Ordes foi o lugar escollido para levar a cabo nesta mañá unha xornada informativa sobre o futuro do sector gandeiro na comunidade galega. Á cita non faltaron numerosos gandeiros, gandeiras e profesionais do campo. Entre outros temas, recibiron formación sobre a rendibilidade das explotacións, a produción láctea ou os programas sanitarios. Xa para concluír levouse a cabo unha mesa redonda sobre o futuro do sector. Os organizadores, ADSG Mesía e ADSG Frades, contaron coa colaboración de diversas firmas comerciais para a dita convocatoria.