As Concellerías de Cultura e Educación do Concello convidan á cidadanía a celebrar o Ano Castelao das Artes con esta interesante proposta escénica: “Que comerá o Rei?”, co monologuista Cándido Pazó.
O espectáculo terá lugar este venres 22 de abril, ás 21.30 horas, no Auditorio Municipal. A entrada é gratuíta. Poderán retirarse dúas entradas por persoa dende media hora antes de comezar a función.
“Que comerá o Rei?” consta dunha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao: un espectáculo que, coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente do xenial artista.