Tuesday 20 de January de 2026

Este venres comeza o ciclo de charlas divulgación científica na biblioteca Rialeda


O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” volve á biblioteca Rialeda o vindeiro venres 23 de xaneiro da man de José Díaz Varela, catedrático de Fisioloxía Vexetal da Universidade da Coruña; con “Movemento e defensa das plantas”.

O venres 23 de xaneiro ás 18:30h terá lugar a primeira das charlas científicas incluídas no programa Ler para Saber, organizado pola Rede de Bibliotecas Públicas do Concello de Oleiros en colaboración coa UDC.

Os obxectivos do programa “Ler para saber” son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.

As charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral.

A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.

Máis información na Biblioteca Rialeda.

Deja un comentario