Saturday 28 de September de 2024

A Biblioteca Municipal de Fene acolle este xoves o “Contiario” de Pablísimo


A ACTIVIDADE ENCÁDRASE NA CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO

¡Pasen e Vexan!¡ Pasen e escoiten!… Achéguense aos contos máis raros, interesantes e exóticos do mundo! No Contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, adiviñas…
Así se presenta o “Contiario”, un dos espectáculos de “Os contos de Pablísimo” que anuncia a biblioteca municipal de Fene para celebrar o Día do Libro este xoves 21 de abril (18.00 horas). A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 4 a 10 anos. Entrada de balde ata completar aforo.
Organiza: Concellería de Cultura e Ensino, no marco do programa “Ler conta moito”