Tuesday 20 de January de 2026

Continúan os bailes para maiores, este sábado en Nós


De Baile en Baile é o nome dun novo programa cultural e de convivencia entre persoas maiores que se consolida como referente de festa e ocio activo. Celebrarase os sábados pola tarde nas distintas casas do pobo.

Este sábado día 24, de 17.00 a 20.00 horas, terá lugar un novo baile na Casa do Pobo de Nós (Praza da Liberdade). Amenizará a tarde o Dúo Crazy.

Como novidade, este ano incorpórase tamén un servizo de recepción e acompañamento das persoas participantes, para cubrir calquera circunstancia que puidese acontecer.

Deja un comentario