Tuesday 20 de January de 2026

O Concello convoca a cuarta manifestación contra o proxecto de supresión do baipás de Infesta


· Está prevista para o sábado 24 de xaneiro ás 12 horas, na DP0105 á beira do Hotel Luso.

· Realizarase de novo baixo o lema ‘Por unha alternativa xusta. Cortiñán non mutílase”.

O Concello de Bergondo convocou a cuarta manifestación contra o proxecto do Ministerio de Transporte para o ‘ramal de conexión entre as liñas de ancho ibérico León – A Coruña e Betanzos Infesta-Ferrol’, que implica a supresión do Bypass de Infesta.

Faio tras manifestarse nos meses de outubro, novembro e decembro e logo de recorrer a decisión do Ministerio de non contemplar a alternativa proposta polo goberno local para o proxecto de supresión do baipás de Infesta ao concluír que “a alternativa 5s proposta non resulta viable tecnicamente”.

A manifestación está prevista para este sábado, 24 de xaneiro, ás 12 horas, na DP-0105, á beira do Hotel Luso, e realizarase baixo o lema ‘Por unha alternativa xusta. Cortiñán non mutílase’.

Deja un comentario