Monday 19 de January de 2026

O Concello de Ribeira acomete a limpeza das fontes e lavadoiros do municipio


 A fonte da Aldea e o lavadoiro de Bretal foron obxecto de acondicionamento nestes días

O Concello de Ribeira atópase traballando na limpeza das fontes e lavadoiros do municipio para “garantir a salubridade destes espazos que, aínda na actualidade emprega a cidadanía. Pero tamén é unha acción enmarcada no coidado do noso patrimonio, xa que son vestixios que debemos tamén protexer por ser no pasado punto de encontro e servizo.

Decidimos actuar xa debido a que, ao tratarse de zonas con presenza de auga e á época do ano na que estamos, consideramos que era necesario actuar tamén por cuestións de seguridade para evitar que as escaleiras e o chan da contorna resulten esvaradíos”, explica a alcaldesa, María Sampedro.

Os traballadores municipais estiveron nestes días na fonte da Aldea e no lavadoiro de Bretal para continuar coa folla de ruta polo resto do municipio.

Deja un comentario