O xornalista José Castro López será condecorado co IV Premio Mundiario que se entregará na Fábrica o vindeiro xoves 22 de xaneiro, ás 20 horas. O xurado outorgoulle a distinción en recoñecemento á súa extensa traxectoria no ámbito da comunicación e, especialmente, polo seu compromiso sostido coa liberdade de expresión e a defensa da cultura.
No acto, ademais do alcalde, Ángel García Seoane, tomará a palabra o director e fundador de Mundiario, José Luis Gómez, que lle fará entrega a Castro da escultura conmemorativa do Premio, obra de Fran Lareo. O acto de entrega será público e aberto e contará coa presenza de destacadas personalidades da cultura, o xornalismo, a política e a economía.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.