O Concello de Oleiros tomou posesión de 29.631 metros cadrados na franxa costeira entre a praia de Naval e Canide para a construción dun paseo neste 2026. En total trátanse de 61 parcelas, todas en solo rústico, polas que o Concello pagou 270.000 euros.
As obras de construción do paseo terán un custo superior a 1 millón de euros e comezarán este ano. Serán 2,5 km que o Concello abrirá á cidadanía un novo tramo de costa que ata agora era propiedade privada.
Un novo itinerario alternativo, ciclopeonil, entre Mera e Santa Cruz por todo o litoral de Dorneda. Deste xeito, toda a costa de Oleiros será camiñable por terreos públicos.
“É unha zona preciosa, cunha paisaxe fermosísima. Unha nova realidade, un novo paseo que se vai abordar por parte do Concello integramente, co que se lle dá continuidade aos tramos xa existentes tanto cara Mera como cara a Santa Cruz”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.