Inés Rey presidiu en María Pita o acto conmemorativo do 127º aniversario do suceso histórico, impulsado polo Concello e por a asociación The Royal Green Jackets
Inés Rey presidiu hoxe en María Pita o acto de entrega das Medallas de Oro Conmemorativas do 127º aniversario da Batalla de Elviña, que enfrentou a españoles e ingleses contra as tropas napoleónicas nas inmediacións da cidade da Coruña. Baténdose en retirada, os defensores conseguiron salvar a boa parte das tropas grazas, en parte, ao xenio militar de Sir John Moore, que morreu na loita e foi enterrado nos xardíns de San Carlos. “Un home que, despois de percorrer co exército británico os recunchos máis remotos da terra, desde as Américas ata a India pasando por Exipto, veu morrer ás nosas costas nubradas”, lembrou a alcaldesa.
Recibiron o galardón o emabaixador británico en España, Alexander Wykeham Ellis (a súa medalla foi recollida no seu nome polo agregado militar, Antony Rapp), o investigador da UDC Fernán Gómez Filgueiras y Brage e a directora da residencia de Maiores Domus VI Cidade Vella, María Isabel Otero Fernández-Aperribay. Tamén interviu no acto Manuel Arenas, presidente da asociación The Royal Green Jackets e promotor de varios actos conmemorativos pola efeméride da batalla.
No seu discurso, Rey rendeulle homenaxe a Sir John Moore e apuntou que, polo seu desexo de ser enterrado alí onde morrera, o militar británico acabaríase convertendo “nun coruñés máis”. “O seu legado é aínda visible. O seu nome forma parte, desde hai anos, do rueiro. O seu rostro aparece en bustos e pinturas”, subliñou.
Tamén no marco das actividades conmemorativas da batalla, o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, acudiu á entrega de ofrendas florales en honor a Sir John Moore nos xardíns de San Carlos, fronte a súa sepultura.
Estiveron presentes na homenaxe representantes diplomáticos de Francia e Gran Bretaña, autoridades militares e membros dos Royal Green Jackets.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.