Monday 19 de January de 2026

Román Rodríguez destaca a importancia da formación do alumnado de FP en produción ecolóxica para o impulso destes produtos


O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou esta mañá na clausura das actividades formativas para o alumnado en materia de produción ecolóxica, desenvolvida no Centro Integrado de FP Paseo das Pontes e na que participaron 278 alumnos dos ciclos da familia profesional de Hostalaría e turismo.

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia puxo en valor a importancia desta acción formativa para que os estudantes coñezan de primeira man o labor do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) na certificación de produtos ecolóxicos. Tamén é unha oportunidade, sinalou, para que os alumnos sexan conscientes do traballo dos agricultores, gandeiros e operadores neste eido para garantir a sustentabilidade e respecto polo medio. “Deste xeito, os futuros profesionais da hostalaría poderán impulsar estes produtos, contribuíndo a darlles visibilidade”, dixo o conselleiro.

Deja un comentario