Monday 19 de January de 2026

López Campos afonda co alcalde de Vilarmaior nos cambios da Lei de patrimonio cultural que teñen que ver cos concellos


O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse hoxe co alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez, para tratar diversas cuestións que teñen que ver coas súas competencias. Así, ademais de abordar colaboracións en materia de dinamización cultural no concello coruñés, tamén afondaron nos novos cambios introducidos na Lei do Patrimonio Cultural, que permitirán ás administracións locais unha xestión máis áxil e eficaz dos seus bens patrimoniais.

Neste senso, o representante da Xunta explicoulle que as modificacións previstas na Lei de acompañamento dos Orzamentos para a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia permitirán reducir os tempos de espera, tanto por parte da cidadanía como das institucións, co obxectivo de que o coidado do patrimonio non supoña un impedimento para o desenvolvemento de proxectos vitais ou profesionais. Neste senso, cómpre subliñar que a Xunta de Galicia é a única administración que actualmente informa dos bens de todo o territorio con independencia de cal sexa o seu grado de protección, o que supón a xestión cada ano de 30.000 expedientes cun prazo de resolución aproximado de entre seis e 12 meses.

Deja un comentario