A veciñanza de Icaria comunica ao Concello os numerosos cortes de suministro eléctrico que están a sufrir de forma continuada e sen previo aviso, causando así prexuízos a todos os usuarios.
Estes cortes, ocasionados pola empresa Naturgy e sen previo aviso son reiterados, causando así danos en electrodomésticos e pequenos aparellos electrónicos ademais de serias dificultades a todas as persoas que teletraballan.
A empresa Naturgy, segundo informan os veciños e veciñas, non contesta nin atende ás reclamacións feitas polos mesmos nin polo Concello de Oleiros, polo que desde o goberno municipal dirixirase á empresa para que informen á veciñanza de calquera corte de suministro co tempo de antelación preceptivo.
Este tipo de compañías, ao amparo de leis estatais feitas á súa medida; malia prestar un servizo público indispensable para a cidadanía, actúan con desprezo total á veciñanza provocando este tipo de situacións totalmente inxustificables e que causan múltiples prexuízos á poboación.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.