O Auditorio do centro social da Rúa acolleu unha gala na que se destacou o talento, a dedicación e os valores dos e as deportistas e entidades que deixaron pegada no municipio.
Hoxe, venres 16 de xaneiro, o Concello de Miño celebrou a IV edición da gala dos Premios do Deporte no Auditorio do local social da Rúa. A cerimonia destacou o talento, a dedicación e os valores dos deportistas e entidades que deixaron pegada no municipio durante a tempada 2024-2025. O evento, que contou cunha gran participación, puxo en valor os logros e o compromiso dunha comunidade que vive e respira deporte.
O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, subliñou durante a súa intervención: “hoxe celebramos a persoas e equipos que son moito máis que gañadores; son inspiración, esforzo e superación. Miño está orgulloso de cada un deles e do que representan para a nosa sociedade”.
Os galardoados foron:
• Equipo masculino: AD Miño Senior A (fútbol), pola súa boa tempada en Preferente.
• Equipo feminino: CDN Miño de Kaiak de Mar (piragüismo), 7º posto na liga Galega.
• Deportista promesa: Xoel Siso de Andrés (judo), 5º posto na Copa de España.
• Deportista masculino: Juan Vázquez Amado (tríatlon), participación no campionato do mundo.
• Deportista feminina: Estefanía Fernández González (piragüismo), campioa do mundo.
• Traxectoria: Óscar Carrera Amandi (piragüismo), participación nos Xogos Olímpicos e o Mundial, entre outras competicións.
• Adestrador: Antón Riveiro López (fútbol), título de liga infantil.
• Evento deportivo: XIX Travesía a nado de Perbes (natación), 19 edicións cunha gran repercusión.
• Club: CDN Miño (piragüismo), pola promoción da saúde e os valores que achega aos seus integrantes.
• Mención especial: Iván Rodríguez Gómez (automobilismo), pola súa participación no campionato galego.
• Mención especial: AD MIÑO, por ser sede organizadora do campionato de España de seleccións autonómicas sub14 e sub16.
• Mención especial: día da muller golfista, polos valores de igualdade, convivencia e sentido de comunidade.
• Mención especial: Juan Ramón Anido #Vidal (fútbol), por 18 anos como presidente.
• Mención especial: Sechu López (montañismo), por ser membro da expedición Mar de Xeo 2025.
A gala, que concluíu cunha foto de todos os premiados e un ambiente festivo, reafirmou o compromiso do Concello de Miño co deporte. O concelleiro de Deportes, José Manuel Pantín, destacou: “O deporte non só dános vitorias, senón tamén valores esenciais para a vida. Seguiremos traballando para apoiar aos nosos deportistas e clubs”.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.