O orzamento de gastos e ingresos ascende a 16.236.442 euros o que supón un aumento con respecto aos de 2014 de máis 176.000 euros
O pleno da Corporación aprobou hoxe os hoxe os orzamentos do 2016 que ascenden a 16.236.442 euros o que supón un aumento con respecto aos de 2014 de máis 176.000 euros. Segundo o executivo local mantense o nivel de endebedamento por debaixo do 25% dos recursos ordinarios. Os concelleiros dos grupos de goberno (UxC e PSOE) e os do BNG e Ciudadanos votaron a prol do documento contable. ACDC e o concelleiro non adscrito, Jesús Bao, se abstiveron e o PP foi o único partido que votou en contra. Na sesión plenaria o alcalde, Oscar García Patiño, asegurou que non puido traer ante a súa aprobación os ornamentos polos cambios que houbo no goberno e comprometeuse a aprobar o próximo documento antes de que finalice este ano. Os grupos da oposición que apoiaron a proposta do goberno, BNG e Ciudadanos, agradeceron ao alcalde que tivera en conta as súas propostas para elaborar os ornamentos. ACDC tamén agradeceu que se tiñeses en conta as súas achegas e pediulle ao alcalde que o vindeiro orzamento se fixese antes de que finalice o ano. O PP foi o único que votou en contra do doumento e aduciu que o seu voto se debía a que lle fixo unha proposta de goberno ao alcalde no seu momento. García Patiño contestoulle ao PP que a zuña proposta foi inasumible dende o primeiro momento e que foron os únicos concelleiros que non achegaron nada ao documento. “Vostedes non fixeron nada para mellorar o documento nin para elaboralo. Este documento é de todos os veciños que foron os que aportaron propostas ao borrador e dos concelleiros da oposición que fixeron achegas, vostedes non saben o que é un orzamento particpatvo.
Polo que respecta ao documento explicaron que no capítulo de ingresos destaca o empeño deste novo ejecutivo local en acadar un dos maiores retos para Cambre, que o orzamento se achegue ao dos concellos limítrofes con poboación similar. Non subindo impostos senón levando a cabo unha verdadeira política fiscal onde se estableza un control rigoroso sobre os tributos. “Entendemos que unha redistribución da riqueza comeza por eliminar a fraude e a evasión fiscal”.
Neste senso, o goberno tomou medidas coma a aprobación de táboas de valoración no ICIO para que o contribuínte e administración saiban previamente o que ten que pagar, a regulación das terrazas e os usos de dominio público, e as reformas na ordenanza da auga para controlar consumos irregulares derivados por avarias, o que era unha demanda histórica dos usuarios. Agora se levarán a cabo inpeccións no servizo da auga, a procura de novos obxectos tributarios do IBI e unha reforma fiscal integral.
No capítulo de gastos redúcese en gastos de mantemento do concello e administración xeral así coma en festas co obxectivo de poder aumentar as inversión Servizos Sociais, Cultura e Emprego.
No departamento de Servizos Sociais aumentan as partidas en máis de 20.000 euros cegando ata os 680.400,00 co obxectivo de ter uns servizos sociais de calidade, universais, dignos e á altura do que nos demandan os veciños de Cambre. Mantéñense os convenios coas asociacións que apoian aos sectores sociais máis desfavorecidos e Invístese nun edificio de servizos sociais no que as traballadoras e traballadores do concello poidan desenvolver a súa actividade coas usuarias e usuarios protexendo a súa privacidade.
A pesar de ser consciente das limitacións legais en materia de Emprego e Promoción económica renovamos o compromiso con esta materia potenciando a nosa Axencia de desenvolvemento Local. A inversión en emprego aumenta un 5% chegando ata os 280.156 euros.
Por outra banda, destaca o decidido apoio á Educación coas becas de libros e de estudo cunha aposta claramente pola educación e a conciliación da vida laboral das familias de Cambre. Así, no Programa “MAÑANCEIRO” aumenta a consiganción presupuestaria en 35.000 euros. Asimesmo, se renovan os convenios coas diferentes Ampas do municipio e se conta coas demandas dos Directores dos colexios facéndolles participes e coñecedores da xestión municipal en materia educativa, dentro das limitacións legais existentes na actualidade.
Ademáis, o goberno creará unha concellería especifica para dar resposta ás demandas das asociacións que levará por nome Movemento Asociativo. Trátase por parte do equipo de goberno de desenvolver o modelo que se instaurou nestes primeiros meses de lexislatura. Substitúese un modelo directivo no que os gobernantes impoñen o seu parecer e deciden que facer co diñeiro público a un modelo participativo no que é o cidadán o que decide o que e o como e o gobernante dedícase a xestionar esas vontades.
En canto as inversións aumentan en un 16% con respecto ao 2014 no que se orzamentaron 1. 682.702 euros.
INVERSIONS 2016 1.895.088 EUROS
Remodelación campo de futbol “Os Pinares”Brexo Lema. PAS 2016 492.102,54 €
Proxecto urbanización en apertura Rúa do Balado. Cambre. 25.000,00 €
Aparcamientos zona escola Sigras 22.000,00 €
Reforma del local de la Barcala para Servicios Sociales (PAI 2016) 221.744,60 €
Minipala de obras 30.000,00 €
Palco de Meixigo 30.000,00 €
0 0,00 €
Ascensor Casa Consistorial (PAI 2016) 39.990,00 €
0 0,00 €
Mellora rede viaria Cecebre, Bribes, Sigrás e Cambre.POS 2016 203.544,91 €
Renovación de firme en Seoane (Anceis) e a Patiña. PAS 2016 54.916,72 €
Biblioteca. Reforma local 360.000,00 €
Daños del Temporal: Danos en Bribes y Mercuin 202.789,25 €
0 0,00 €
0 0,00 €
TOTAL 1.575.088,02 €
Inversiones genéricas detalladas 322.000,00 € SC
O alcalde de Cambre asegurou que o orzamento se asenta sobre tres pilares básicos: Participación, Promoción e Planificación.
“É a primeira vez que se lle dá voz ás asociacións para que estas tomen consciencia de canto, como e porque se gasta. Ademais duplícase a partida para as comisións de festas para que sexan elas as que decidan sobre esa materia o que reporta ao concello un aforro de mais de 60.000 euros. Promociónanse os alicerces do benestar municipal que son servizos sociais, cultura e deportes, comercio e servizos públicos básicos cun aumento do crédito en cada unha destas áreas, o que é unha clara aposta por un concello que de solucións reais, rápidas e eficaces aos cidadáns. E a Planificación, por unha banda, co aumento dos investimentos municipais e unha ampla partida para realización de proxectos que recollan as demandas dos veciños e que serán executados a medida que haxa disponibilidade financieira”, apostillou.