A escola infantil municipal de Brión abre hoxe o prazo de inscrición de nenos e nenas de 0 a 3 anos para o curso 2016-2017 . O prazo estará aberto ata o próximo 29 de abril no centro social polivalente de Brión (981 509 910) e a admisión realizarase de acordo cun baremo de puntuación.
A documentación que deberán presentar as familias no centro social polivalente é: DNI dos pais, libro de familia, declaración da renda do exercicio 2014, informe da situación actual da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou informe de vida laboral dos pais (actualizado a mes de abril) e, no seu caso, documentación adicional coma tarxeta de demandante de emprego, certificado de discapacidade, separación/divorcio, título de familia numerosa…
O Concello de Brión informa de que a admisión de solicitudes fóra de prazo realizarase única e exclusivamente en situacións de emerxencia social, cambios de concello de residencia posteriores ao 29 de abril ou que o nacemento do neno/a sexa con posterioridade ao 29 de abril.