Asociacións veciñais e medioambientais denuncian conflitos de interese e loitan para que o proxecto de construción dunha central hidroeléctrica de bombeo reversible na contorna da lagoa cumpra con todas as garantías.
O Concello de Oleiros apoia é entidade Salvemos Barcia-Xalo así como o recurso de alzada que presentou fronte á central hidroeléctrica de bombeo reversible en Meirama, á que a Xunta de Galicia lle outorgou unha concesión de aproveitamento hidroeléctrico por considerar o proxecto como “estratéxico”.
Repítese a historia tras case 50 anos: As Encrobas, en Cerdeda protagonista dunha suposta operación económica disfrazada de proxecto xerador de enerxía renovable. A Xunta de Galicia avala o proxecto da empresa Coventina Renovables que pretende converter o lago das Encrobas nunha central hidroeléctrica de bombeo reversible cunha inversión de máis de 345 millóns de euros e 6 anos de obras, que causarán múltiples prexuízos a poboación limítrofe.
O proxecto é incompatible co uso da auga para o abastecemento da poboación, xa que esta estaría en continuo movemento entre o depósito superior de O Xalo e a lagoa das Encrobas, pasando polas turbinas como parte do ciclo de xeración eléctrica polo que non sería un recurso apto para a poboación.
O alcalde de Oleiros expresou o seu malestar con este proxecto xa que se está a enganar a poboación mantendo que se trata dun proxecto de enerxía renovable, cando en realidade todo apunta a un operación económica da que se beneficiarán uns poucos en detrimento da poboación de Cerdeda e dos concellos limítrofes: “En Meirama está previsto, no seu día, realizar un colector de unión coa rede de augas da Coruña que, en caso de haber problemas na Telva, teriamos a entrada de auga a través deste embalse, pero que se quere facer unha central hidroeléctrica de bombeo reversible que condenará á veciñanza da zona a 6 anos de obras, movementos de terra constantes e inseguridade”.
Desde o Concello de Oleiros apóiase ás asociacións veciñais e medioambientais que presentaron alegacións ao proxecto de Coventina Renovables, cuxa concesión foi asinada polo Xefe de Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro que supostamente, ten unha empresa ligada á empresa que explotará Meirama. “É gravísimo!” – manifestou o alcalde.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.