Wednesday 14 de January de 2026

O Concello de Brión abre inscricións no “Concilia Brión” para as vacacións escolares de Entroido e Semana Santa


O Concello de Brión vén de abrir inscricións no seu programa “Concilia Brión”, unha actividade de conciliación da vida laboral e familiar que por primeira vez se convoca de forma conxunta para as vacacións escolares de Entroido e Semana Santa. A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade e terá lugar no polideportivo municipal, en horario de 8:00 a 15:00 horas. En ambos os dous casos, o Concello de Brión ofrece 30 prazas.

Só poderán participar no programa familias empadroadas en Brión, tendo preferencia aquelas familias que precisen de conciliar e poidan documentar a ocupación de ambos proxenitores ou dun deles (no caso). O Concello convoca un máximo de 30 prazas. En caso de que o número de solicitudes supere ao de prazas, aplicaranse os criterios recollidos na norma reguladora do Plan Corresponsables, é dicir, familias monoparientais, vítimas de violencia de xénero, unidades familiares con outras cargas relacionadas cos coidados…

No caso do “Concilia Brión Entroido”, o prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 30 de febreiro. A actividade terá lugar durante tres días (16, 17 e 18 de febreiro) e o prezo será de 7,5 euros. No caso do “Concilia Brión Pascua”, serán catro días (30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril) e o prezo será de 10 euros. Inscricións abertas ata o 28 de febreiro.

Para anotarse será preciso encher e entregar unha folla de inscrición (dispoñible en www.concellodebrion.gal) a través da sede electrónica municipal ou ben a través do Rexistro Auxiliar do centro social polivalente. O “Concilia Brión” é un servizo de conciliación da vida laboral e familiar organizado polo Concello de Brión en colaboración co Ministerio de Igualdade, a través do Plan Corresponsables; coa Consellería de Política Social e Igualdade e a Deputación da Coruña.

Deja un comentario