Wednesday 14 de January de 2026

O Concello de Boqueixón inviste case 54.000 euros na mellora do punto limpo


O Concello vén de investir case 54.000 euros na mellora do punto limpo de Sergude, onde se melloraron as instalacións existentes de recollida de residuos e o control de acceso na zona de almacenamento, se renovaron os contedores existentes e se instalaron elementos de información.

Uns traballos que incluíron a impermeabilización da caseta de RAEEs (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos), cunha superficie de 85 m2 así como a mellora do peche perimetral da instalación nun dos seus laterais, duns 35 metros de lonxitude. Así mesmo, instalouse un sistema de videovixilancia con videocámaras con sistemas de notificación e visualización en remoto.

A maiores, renováronse seis contedores metálicos, de 30 metros cúbicos de capacidade, e se instalou unha nova sinalización: dúas placas informativas de indicación de “Punto limpo”, catorce sinais rectangulares de PVC para indicar os distintos vertidos e 1 panel para indicación do uso das instalacións.

O punto limpo de Boqueixón está emprazado na entrada do polígono empresarial de Sergude. O seu horario de apertura é: mércores (de 16:00 a 20:00 horas) e sábados (de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas).

Deja un comentario