Alternativa dos Veciños de Cambre pon en marcha un novo espazo de atención directa á veciñanza e inicia un programa de asembleas abertas polas parroquias.
Todos os luns ás 19:30 horas, a veciñanza poderá trasladar as súas inquedanzas e propostas na oficina do grupo municipal, situada nos locais municipais da rúa Río Barcés nº 7, na Barcala (antiga oficina de rexistro).
Así mesmo, nos vindeiros días anunciaráse a información da primeira das doce asembleas abertas que Alternativa ten previsto desenvolver ao longo do ano nas distintas parroquias do concello, co obxectivo de achegar a política á veciñanza.
Ambas iniciativas nacen coa vontade de reforzar a comunicación directa coa veciñanza, facilitar información sobre a situación do Concello e, ao mesmo tempo, recoller as demanadas de preocupacións cidadás para trasladalas ao goberno municipal e ás institucións correspondentes.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.