· A inauguración da mostra terá lugar este venres, 16 de xaneiro, ás 20.00 horas na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler.
A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler acollerá este venres, 16 de xaneiro, ás 20.00 horas a inauguración da exposición Castelao na vila da area, que leva a firma de Che Tembra. A través de esculturas de ferro reciclado e tirando de memoria e crítica social, o artista proporá ao público unha relectura contemporánea da figura e do legado de Castelao.
A exposición reúne arredor dunha trintena de cadros e caricaturas escultóricas elaborados, fundamentalmente en ferro, aceiro e madeira autóctona. En todos os casos, trátase de materiais recuperados e transformados no obradoiro do artista en Fonte Susán (Taragoña, Rianxo).
As persoas asistentes á apertura da mostra poderán, ademais, gozar dunha actuación musical a cargo de Barahúnda. A colección de pezas poderá visitarse durante os meses de xaneiro e febreiro na instalación municipal.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.