De Baile en Baile é o nome dun novo programa cultural e de convivencia entre persoas maiores que se consolida como referente de festa e ocio activo. Celebrarase os sábados pola tarde nas distintas casas do pobo.
O primeiro dos bailes programados para este ano será en Santa Cruz este próximo sábado día 17, de 17.00 a 20.00 horas, no Centro Cívico (rúa Ricardo Cubeiro). Cantará o Dúo Caramelo.
Como novidade, este ano incorpórase tamén un servizo de recepción e acompañamento das persoas participantes, para cubrir calquera circunstancia que puidese acontecer.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.