Isabel Fernández Regueira, veciña de Frades, vén de celebrar coa súa familia o seu 100 aniversario. Unha festa que tivo lugar na casa familiar na localidade de Ponte Carreira, parroquia de Gafoi, o pasado sábado 10 de xaneiro cos seus familiares máis achegados.
O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, desprazáronse ata Ponte Carreira para felicitala e facerlle entrega dunha placa conmemorativa coa lenda “por cen anos de vida, ilusión e amor aos demais”. Neste sentido, Roberto Rey amosou o agradecemento do Concello de Frades “por tantos anos de entrega desinteresada pola veciñanza durante a súa etapa como presidenta da Asociación da Terceira Idade”.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.