Bastará con visualizar algún dos vídeos colgados na plataforma Youtube
Os alumnos de Automoción do IES Nº 1 de Ordes aúnan esforzos e solicitan a colaboración de todos os veciños e veciñas para poder participar no concurso ‘Jóvenes Técnicos en Automoción 2016’. Para isto basta con visionar durante 15 segundos algún dos seguintes vídeos colgados por eles na plataforma youtube: www.youtube.com/watch?v=mbvFZSz1qTc www.youtube.com/watch?v=Jonw1WM-3Z4 www.youtube.com/watch?v=27DjV2lkUSk
O obxectivo principal é o de alcadar ata 200 puntos ata o 30 de abril. Dita puntuación suporá o 20% da necesaria para acceder á fase final na escola de formación de Mercedes-Benz.
Na que xa é a XIII edición deste concurso organizado pola Fundación Comforp, perséguense entre outros obxectivos a promoción dos estudios relacionados co transporte e mantemento de vehículos; potenciar a investigación, documentación e estudo no ámbito da FP; mellorar a calidade das ensinanzas, estimular aos estudantes e recoñecer o labor do profesorado de FP; potenciar a relación entre os centros educativos e empresas do sector; acadar puntos de encontro entre profesionais do mundo laboral, profesores e estudantes; promover o traballo en equipo complementando habilidades individuais ou a colaboración na actualización científico-técnica do profesorado.
Cabe sinalar que non sería novidoso a obtención de premios deste tipo para o centro de FP ordense, xa que na súa X edición celebrada no ano 2013 os irmáns David e Luis Pena Botana alzáronse co primeiro premio a nivel nacional.
O IES Nº1 de Ordes imparte os cursos de grao medio de Formación Profesional tanto de automoción como de traballo administrativo