As fotografías gañadoras e finalistas do 19º premio internacional Luís Ksado de creación fotográfica da Deputación da Coruña amósanse neste mes de xaneiro na Casa da Cultura de Fene. A mostra, aberta ao público desde o martes 13 de xaneiro, poderá visitarse até o vindeiro 28 de xaneiro en horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. As persoas que se acheguen a ver a mostra recibirán un catálogo da mesma, até fin de existencias.
Na exposición do 19º premio Luís Ksado salientan as obras I gotta change, de Juan Manuel de la Quintana, gañador do certame en 2025, cuxa serie foi escollida polo xurado por tratar con especial sensibilidade e rigor o tema da saúde mental; L’horta sud, de Óscar Corral, mención de honra cunha serie que aborda os efectos da DANA; e as series finalistas “Metamorfosis”, “As lecciones esquecidas”, “Sitio aparte do mundo” e “Entre el tiempo y el sabor, el mar, una memoria visual”, dos fotógrafos Carlos Folgoso, Raquel López, Stéphane Lutier e Miguel Muñiz, respectivamente.
O premio Luis Ksado comisariado por Xurxo Lobato, ten como obxectivo servir de plataforma de impulso á creación fotográfica contemporánea e como espazo para visibilizar proxectos que, coma o de Juan de la Quintana, “contribuen a enriquecer o debate social a través da imaxe”.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.