Tuesday 13 de January de 2026

Cursos de natación para adultos e embarazadas con prazas libres na piscina da Gándara


O Concello de Narón, a través do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara, informa de que aínda quedan prazas dispoñibles nos cursos de Iniciación á Natación para persoas adultas, unha actividade dirixida a maiores de 16 anos que queiran aprender a nadar desde cero ou a mellorar a súa autonomía e seguridade no medio acuático.

Estes cursos están pensados para persoas sen experiencia previa ou con coñecementos básicos, e traballan aspectos como a adaptación ao medio acuático, a respiración, a flotación, o desprazamento e as primeiras nocións dos estilos básicos, sempre baixo a supervisión de persoal técnico especializado.

Na actualidade, existen prazas vacantes nos seguintes horarios:

Luns, mércores e venres:

De 08.45 a 09.30 horas

De 09.30 a 10.15 horas

De 10.15 a 11.00 horas

De 15.15 a 16.00 horas

De 20.00 a 20.45 horas

De 20.45 a 21.30 horas

De 21.30 a 22.15 horas

Martes e xoves:

De 08.45 a 09.30 horas

De 10.15 a 11.00 horas

De 15.15 a 16.00 horas

De 16.00 a 16.45 horas

De 20.45 a 21.30 horas

De 21.30 a 22.15 horas

Así mesmo, tamén hai prazas dispoñibles na actividade de natación para embarazadas, tanto na etapa de pre-parto como de post-parto, que se desenvolve os luns, mércores e venres, de 10.15 a 11.00 horas. Esta modalidade está orientada a favorecer o benestar físico durante o embarazo e a recuperación tras o parto, mellorando a mobilidade, a circulación e a relaxación, sempre con exercicios adaptados a cada fase.

As persoas interesadas en inscribirse neste mes de febreiro poden facelo achegándose ás oficinas do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara durante a última semana do mes de xaneiro, onde se lles facilitará toda a información necesaria sobre a actividade, tarifas e dispoñibilidade de prazas.

Deja un comentario