· A cita, organizada por PC Baikers do Vilán en colaboración co Concello, será o domingo 8 de febreiro con saída e chegada na paria do Ariño.
· As inscricións deberán formalizarse na páxina web da Federación Galega de Ciclismo.
A ‘3H Resistencia Concello de Camariñas’ de BTT, organizada pola Peña Ciclista Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas, volverá a formar parte da Copa Galicia de Resistencia, coordinada pola Federación de Ciclismo Galego (FCG).
A proba foi presentada na casa do concello de Camariñas pola alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa; o tesoureiro da Peña Ciclista Baikers do Vilán, Marcos Martínez; e o secretario da peña, Pedro Romar.
A cita, prevista para o domingo 8 de febreiro e que terá saída na praia do Ariño é unha das seis probas das que constará o campionato galego ao longo de 2026:
1. Lousame, 4 de xaneiro.
2. Noia, 11 de xaneiro.
3. Meis, 18 de xaneiro.
4. Muros, 25 de xaneiro.
5. Narón, 1 de febreiro.
6. Camariñas, 8 de febreiro.
As inscricións poderán formalizarse no seu momento na páxina web da Federación Galega de Ciclismo e as categorías son: desde cadete ata Máster 60 e parellas femininas, masculinas e mixtas.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.