Friday 22 de November de 2024

Un total de 26 veciños e veciñas inician un curso de horta ecolóxica en Frades


Un total de 26 veciños e veciñas de Frades iniciaron esta fin de semana un Curso de Horta Ecolóxica, organizado polo Concello de Frades despois do éxito acadado polo anterior Curso de Poda e Enxertos. Trátase dun curso teórico práctico, de 30 horas lectivas e que terá lugar todos os sábados ata mediados de xuño no multiúsos de Frades e nunha leira municipal, onde se realizarán as prácticas.

O obxectivo deste curso formativo é que o alumnado coñeza as plantas e as súas funcións, así como as propiedades do chan e como conservalo. Para iso, os presentes aprenderán a controlar pragas, enfermidades e malas herbas dun xeito natural, coñecendo as rotacións dos cultivos máis importantes e aprendendo a facer fertilizacións.