— Esta iniciativa, que aglutina os programas didácticos desenvolvidos desde as diferentes consellerías da Xunta, suma máis de 178.000 alumnos e 8.000 docentes
— Este curso incorpóranse dúas novas propostas centradas na internacionalización dos centros educativos e nos fondos europeos
Un total de 707 colexios e institutos participan este curso nas 40 iniciativas educativas impulsadas pola Xunta a través do Plan Proxecta+. No seu desenvolvemento implícanse máis de 178.000 alumnos e 8.000 docentes de todos os niveis educativos non universitarios.
Liderado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, o Plan Proxecta+ aglutina as diferentes iniciativas didácticas que ofertan as consellerías da Xunta en colaboración, nalgúns casos, con outras institucións. Este curso ofértanse 40 programas diferentes, con dúas propostas de nova incorporación.
Por unha banda, Internacionalización do centro educativo en colaboración con eTwinning, impulsado pola Consellería de Educación, persegue fomentar e mentorizar a creación e desenvolvemento de proxectos educativos de colaboración internacional virtual a través da plataforma eTwinning. Por outra, Fondos europeos, da Consellería de Facenda e Administración Pública, consiste no desenvolvemento dun proxecto de innovación educativa que afonde nos principios e os pilares de dereitos da Unión Europea, no fomento da cohesión económica e social dos países membros e das rexións que a conforman e na busca do crecemento e do benestar dos países e da cidadanía.
Os programas ofertados desenvolven as competencias clave completando o currículo educativo, os elementos transversais (como a educación en valores) e os obxectivos para o desenvolvemento sostible promovidos pola Axenda 2030 das Nacións Unidas. Afondan en ámbitos como a arte e o patrimonio, a igualdade e cidadanía, a lingua e a comunicación, a saúde e a sostibilidade e o consumo responsable.
Como é habitual, os programas con máis número de centros integrados son Proxectos de vida activa e deportiva, o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, seguido de Nutriescolas, unha iniciativa para que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro.
O número de centros integrados en cada programa recóllese na seguinte táboa:
| Programas | Centros participantes |
| Proxecto de vida activa e deportiva | 368 |
| Nutriescolas | 104 |
| Donas de si | 68 |
| Proxecto Ríos | 48 |
| Meteoescolas | 41 |
| Proxecto Terra | 35 |
| Apuntámonos a non beber | 32 |
| Por 365 de respecto e igualdade | 32 |
| Quérote+ | 32 |
| Parlamento xove | 27 |
| Proxectos de innovación e dinamización lingüística | 25 |
| Recíclate con Sogama | 25 |
| Clases sen fume | 22 |
| Mobilidade sostible e segura | 21 |
| Proxecto didáctico Antonio Fraguas | 21 |
| Vexo Veo Xacobeo | 20 |
| Galicons-net | 17 |
| Mestres gandeiros | 16 |
| O monte vivo | 16 |
| Protexe os animais | 16 |
| Paisaxe e sostibilidade | 15 |
| Escolas verdes polo clima | 13 |
| Voluntariado miúdo: Móvete! | 13 |
| Salvavidas | 12 |
| Internacionalización do centro educativo en colaboración con eTwinning | 11 |
| Nós tamén creamos! | 11 |
| Pasaporte solidario | 11 |
| Rapazas emprendedoras nas TIC | 11 |
| Naturézate | 10 |
| Fotografía en curso | 8 |
| Rede de Centros Escolares Solidarios | 8 |
| Rede de Eco Hortas Escolares | 8 |
| Xente con Don | 8 |
| Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional | 7 |
| Educación patrimonial | 5 |
| Fitofaladoiro | 5 |
| Activistas polo mundo que queremos | 4 |
| Fondos europeos | 4 |
| Cinema en curso | 2 |
| Educación en dereitos da infancia e cidadanía global | 0 |

Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.