Máis de 900 establecementos de toda a xeografía galega están adheridos a este programa do Goberno galego para potenciar o envellecemento activo
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, achegouse está mañá á Óptica Castro na Coruña para entregarlles o selo distintivo que acredita ó establecemento como adherido ao Carné +65. Desde alí, animou a todos os maiores a desfrutar das vantaxes que ofrece este programa impulsado pola Xunta en servizos de saúde, ocio e benestar.
Nestes momentos, máis de 900 establecementos galegos están adheridos a este programa pioneiro do Goberno galego que impulsa o envellecemento activo. Nestas locais poderán contar con vantaxes importantes como descontos, ofertas ou promocións en diferentes produtos e servizos relacionados coa saúde e o benestar, así como o ocio e a restauración. En concreto, nesta óptica da Coruña as persoas co Carné +65 gozan de descontos que van desde o 10% ata o 50% na adquisición de lentes, monturas ou audiófonos.
O Carné +65 é gratuíto para os usuarios sen necesidade de facer ningún trámite nin activación, unicamente debe presentarse nos establecementos. Deste xeito, as persoas interesadas poden consultar na páxina web do programa todos os detalles e a listaxe completa dos locais adheridos.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.