Tuesday 13 de January de 2026

Frades clausura os obradoiros de capacitación dixital para aprender a utilizar o móbil, a tablet e o ordenador


Catorce veciños e veciñas de Frades participaron nun Obradoiro de capacitación dixital, unha iniciativa formativa impartida a través do programa “TIC Rural”, incluída na iniciativa “Reto Rural Digital”, orientada á capacitación dixital de persoas residentes en municipios con menos de 5.000 habitantes e que contou coa colaboración do Concello de Frades.

Uns obradoiros de 15 horas de duración que foron clausurados onte xoves polo concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos Bra, quen destacou que “ao ser un grupo reducido, os contidos puideron adaptarse ás necesidades e intereses dos nosos alumnos e alumnas sobre como utilizar o correo electrónico e sobre todo como sacar e utilizar os certificados dixitais e realizar trámites con entidades financeiras, centros de saúde e outros organismos”.

Este curso tivo lugar na Aula Municipal de Informática, en horario de 16:00 a 19:00 horas, e estivo dirixido a veciños e veciñas de Frades en situación de desemprego, pensionistas ou xubilados.

Deja un comentario