Tuesday 13 de January de 2026

Alternativa esixe avances no servizo de mantemento de vías


Alternativa volveu a insitir no pleno sobre a nefasta situación do servizo de conservación e reparación das estradas municipais, que non está funcionar de xeito efectivo, o que provoca un deterioro notable na rede viaria local.

O grupo indagou polos avances para a solución da situación, demandando información tanto das previsións do novo pliego, como sobre a posibilidade de retomar a brigada de obras.

Á raíz das demandas de Alternativa, fai meses informouse da sinatura dun contrato cunha empresa para retomar as actuacións de mantemento no menor prazo posible, pero non hai novidades ao respecto. A pesar de que a veciñanza continúa a denunciar a necesidade urxente de acometer reparacións en diversas vías do municipio.

O goberno municipal comprometeuse a responder por escrito e informar sobre ambas posibles solucións.

Deja un comentario