Saturday 10 de January de 2026

Paderne aproba destinar 47.200 euros do Plan Único Social da Deputación da Coruña para gastos extraordinarios


 O punto debateuse nunha sesión extraordinaria esta mañá no Consistorio e contou co voto favorable de todos os grupos.

O Concello de Paderne aprobou esta mañá en sesión plenaria extraordinaria destinar 47.189,95 euros do Plan Único Social da Deputación da Coruña para gastos extraordinarios. Contou co voto favorable de todos os grupos que integran a corporación municipal.
Así, como previsión do departamento de Servizos Sociais, adquiriranse 9 camas artelladas con colchón, 5 cadeiras para ducha e wc, 8 guindastre e 4 arnés de guindastre, 10 colchóns anti escaras e 1 incorporador de cama.

Ademais, 6.540 destinaranse para continuar coa implementación dos obradoiros de adestramento de memoria como medida social de carácter extraordinario sempre e cando o consideren neste departamento. Tamén se plantexan 502,21 euros para a ampliación e dotación das partidas municipais destinadas a axudas de emerxencia e necesidade social ás unidades de convivencia en risco de exclusión.

Para finalizar, 22.825 euros serán para tres servizos indispensables, como son o de podoloxía – 16.825 euros – , fisioterapia – 3.000 euros – e terapia ocupacional – 3.000 euros-. A concelleira de Servizos Sociais, Marisa Abrodos, quixo agradecer “o voto favorable de todos os grupos que integran a corporación municipal para destinar preto de 50.000 euros nun ámbito imprescindible para a nosa liña de goberno; o investimento no social é innegociable para nós”.

Deja un comentario