Friday 09 de January de 2026

Alternativa elevou ao pleno as verteduras de fecais ao Río Valiñas


O grupo municipal continúa no seu apoio coas denuncias veciñais sobre as verteduras da rede de fecais, a través das tapas dos sumidoiros ao Río Valiñas nos días de choiva intensa.

O problema afecta directamente ás zonas de Sésamo, Rumbo e Ledoño, pero a realidade é que se trata dun problema medioambiental xeralizado xa que os restos fecais vertidos no Río Valiñas desembocan na Ría do Burgo.

Alternativa incidiu tamén na preocupación veciñal de que está problemática se vexa amplificada cando inicie a funcionar o Centro Educativo que se está a construír nas inmediacións da zona.

O grupo municipal demandou o conxunto dos informes técnicos relativos tanto a vertedura rexistrada nas pasadas semanas, como ás previsións relativas á rede de saneamento co inicio de funcionamento do centro escolar. En aras de estudar en profundide o asunto e poder impulsar solucións comúns.

Deja un comentario