Friday 09 de January de 2026

A alcaldesa clausura o Programa Ribeira Concilia na súa edición de Nadal


 Esta medida de conciliación contou coa participación de 45 nenos e nenas

A edición de Nadal do Programa Ribeira Concilia clausurouse hoxe cun festival para os 45 nenos e nenas participantes. A alcaldesa, María Sampedro, achegouse ata o polideportivo do CEIP O Grupo para compartir tempo coa rapazada e facerlle entrega dos diplomas de asistencia. Durante a súa visita, a rexedora destacou esta medida de conciliación posta en marcha polo Concello de Ribeira “para favorecer a compatibilización da vida persoal e laboral das familias durante estas datas dado o período de vacacións escolares que supón para os máis pequenos da casa. Seguiremos traballando nesta senda para ofrecerlle á nosa cidadanía prestacións de conciliación.”

O dito programa estivo operativo do 22 ao 31 de decembro e do 2 ao 7 de xaneiro, agás festivos; período no que se ofreceron opcións de ocio para a rapazada seguindo a temática da época.

Por primeira vez desenvolveuse no Conservatorio Municipal de Música ‘Enrique Paisal’ por reunir unhas mellores condicións no inverno, exceptuando o uso do pavillón para actividades puntuais de carácter deportivo ou o propio festival de clausura.

Deja un comentario