Thursday 08 de January de 2026

Os Reis Magos enchen de maxia o polideportivo municipal do Forte


Melchor, Gaspar e Baltasar encheron de maxia e emoción o polideportivo municipal do Forte durante o tradicional Festival de Reis do Concello de Boqueixón. Centos de persoas abarrotaron o recinto para desfrutar primeiro dos inchables dunha nova edición de Boqueixogo para despois participar na recepción das Súas Maxestades.

O acto estivo presidido polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, quen estivo acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Ángela Conde. Despois de que a rapazada se achegara a Melchor, Gaspar e Baltasar para lembrarlle os agasallos e recoller unhas lambonadas, a festa finalizou cunha chocolatada para toda a familia.

Hoxe martes 6 de xaneiro, de 17:00 a 21:00 horas, terá lugar no polideportivo municipal do Forte unha segunda sesión do Boqueixogo, con inchables variados para a rapazada. A participación é totalmente libre e de balde.

Deja un comentario