Saturday 16 de November de 2024

O Mesón do Vento acolle unha nova cita do Feirón da Adina


Porcos, gando vacún e galiñas e galos de Mos foi o principal que se puido ver hoxe no Feirón da Adina, celebrada na localidade ordense de Mesón do Vento. Ata alí se achegaron moitos veciños, veciñas e empresarios do sector para ver de primeira man a exposición e venda destes exemplares e doutros productos agropecuarios da zona. Non faltou tampouco Xosé Manuel Rodríguez, edil de Comercio do Concello de Ordes, entidade que está a aunar esforzos para potenciar e promocionar esta cita comercial de ampla tradición na localidade.