Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios.
No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes; un recoñecemento obtido no 2015 e
que se mantivo ao longo destes anos dado que “é unha cidade que busca de forma sistemática e deliberada facer cousas novas ou facer as mesmas cousas de maneira diferente, plantexándose retos significativos e desafíos que aporten valor á cidadanía e á sociedade no seu conxunto e dándolles resposta a través de proxectos de innovación e desenvolvemento urbano”, destaca a alcaldesa, María Sampedro.
Nos últimos anos procedeuse coa instalación de cargadores móbiles na vía pública, implantación dos sistema de cartelería dixital, pasos peonís intelixentes, mobilidade sostible, a rehabilitación da casa consistorial, a posta en marcha da Aula CeMIT ou os bonos AmaRibeira, entre outras moitas intervencións.
“Medidas en materia de infraestruturas e servizos sempre coa mirada posta nunha Ribeira máis intelixente, sustentable, turística e humana”, remarca a rexedora.
Máis dunha década de traballo
Ribeira Atlántica 2015 marcou a folla de ruta para definir o futuro da cidade, dándolle continuidade co Máis Ribeira Atlántica apostando pola Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI), ambos financiados con fondos Feder.
O novo paradigma que trouxo consigo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) impulsaron a Axenda Urbana de Ribeira Atlántica no ano 2022, para nos anos posteriores, financiar actuacións definidas no Plan de Acción Local da Axenda Urbana a través de Fondos Next Generation e continuar avanzando agora mediante a Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local “Ribeira Atlántica 2030”. Outros programas nos que se atopa inmersa a Administración local ribeirense son o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), o Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos (PIREP) e o Programa de Transición Enerxética.
A distinción permite a Ribeira formar parte da Rede Innpulso, xunto con outras 100 cidades de España, ademais de beneficiarse da exclusiva financiación que permite dispor dun Axente Local de Innovación.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.