Aumentará a seguridade do recinto e facilitará o acceso ao mesmo
O Concello acaba de adxudicar as obras de instalación do valado perimetral do Castro de Elviña. Os traballos consisten na instalación dun sistema de peche do xacemento cunha lonxitude total que se achega aos 1.500 metros.
A empresa adxudicataria foi a construtora López Cao e os traballos contan cun orzamento de 322.000 euros e cun prazo de execución de catro meses. Antes de comezar os traballos, deberá realizarse o estudo arqueolóxico correspondente.
O valado do recinto é o primeiro paso para dar continuidade ao proxecto impulsado polo Goberno de Inés Rey, co obxectivo de poñer en valor o xacemento máis relevante da cidade. O peche permitirá impedir o acceso de fauna e aumentar a seguridade, así como establecer un control máis eficaz nos accesos.
No castro tamén se construirá un centro de apoio ás actividades arqueolóxicas, cuxo proxecto se aprobou nos últimos meses. Para os ditos traballos, destínase un orzamento de 330.000 euros. “O obxectivo é dispor dun equipamento de escala reducida que cumpra a función de apoio ás escavacións arqueolóxicas futuras, tal como se leva realizando nos últimos anos e, ademais, que tamén que sirva como punto de información e recepción de visitantes”, explicou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.