A Cabalgata do 5 de xaneiro aposta por un formato de proximidade, con paradas en escolas e centros sociais e unha gran celebración final na Sala da Camposa
O Concello de Muxía celebrará o vindeiro 5 de xaneiro a tradicional Cabalgata dos Reis Magos, cun percorrido polas diferentes parroquias do municipio, facendo parada en escolas e centros sociais, co obxectivo de achegar a maxia destas datas aos nenos e nenas dun xeito próximo e accesible.
Este formato permite que a cativada poida ver aos Reis Magos con máis tranquilidade, saudalos de preto e facer fotografías, ao tempo que favorece os encontros veciñais nas parroquias, onde moitas familias se reúnen para compartir esta xornada tan especial.
Os horarios previstos ao longo da tarde son orientativos, e culminarán coa chegada dos Reis Magos a Muxía, cunha gran celebración final na Sala da Camposa, onde a partir das 18.30 horas haberá inchables, globoflexia, tatuaxes e pintacaras para desfrute dos máis pequenos e pequenas.
Desde o Concello de Muxía convídase a toda a veciñanza a participar nesta cita tan sinalada do calendario festivo, pensada para vivir en familia unha tarde chea de ilusión, convivencia e tradición.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.