Wednesday 07 de January de 2026

Abegondo recibirá o luns 5 aos Reis Magos cunha gran festa no polideportivo municipal


• Haberá música, inchables e repartirase rosca e chocolate

O Concello de Abegondo recibirá aos Reis Magos o próximo 5 de xaneiro cunha gran festa no polideportivo municipal. Desde as 17.00 horas estarán abertas as portas do pavillón, en San Marcos, con moita música, xogos, inchables, rosca e chocolate.
Espérase a chegada das súas Maxestades a partir das 18:30 horas. Farán un desfile co seu séquito real para saudar aos centos de veciños que ano tras ano enchen esta celebración.
Unha vez no polideportivo terá lugar a recepción a todos os pequenos que queiran aproveitar para realizar as súas últimas peticións.
A festa organizada polo Concello é de acceso libre e gratuíto.

Deja un comentario