Monday 05 de January de 2026

A Misela ofrecerá un concerto de Aninovo no novo Auditorio municipal de Ribeira


 Esta actuación terá lugar no 4 de xaneiro ao abeiro do Nadal Cultural 2025-2026 do Concello ribeirense

Ribeira segue dando a benvida ao 2026 con música. O grupo A Misela de Noia ofrecerá un concerto de Aninovo no domingo, 4 de xaneiro, ás 19.00 horas, no novo Auditorio municipal.

Trátase dunha das preto de 30 actividades ao abeiro da programación do Nadal Cultural 2025-2026 posta en marcha pola Concellería de Cultura para estas datas. “O novo Auditorio municipal eríxese como epicentro cultural e proba disto son a cantidade de propostas que teñen lugar nesta instalación municipal durante esta época. Acabamos de dar a benvida ao 2026 e, por tal motivo, teremos este concerto cun extenso repertorio a cargo dun recoñecido grupo da zona como é A Misela”, en palabras da concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

A entrada é gratuíta ata completar o aforo e a apertura de portas farase media hora antes do inicio da actuación.

Deja un comentario