O alcalde de Lousame, Esteban Ares García, e a concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, veñen de entregar a Isabel González o premio da campaña de sensibilización “Abrígate baixo o paraugas do bo trato”, organizada polo Concello de Lousame co gallo da conmemoración do 25N e financiada con cargo ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e o Ministerio de Igualdade.
Isabel González foi a agraciada no sorteo realizado o pasado 12 de decembro, polo que levará unha cea para catro persoas nun restaurante de Lousame. Para conseguilo, González compartiu nas súa redes sociais unha fotografía súa cun paraugas baixo o cancelo #abrigatenobotrato, de acordo ao indicado nas bases da campaña, desenvolta entre o 25 de novembro e o 7 de decembro nas redes sociais.
Un sorteo no que tamén foron agraciadas outras dúas veciñas, Rosana Nieto Figueira e Mery Escarlata, que levaron cadanseu vale de 50 euros para gastar nunha ferretería local. Así mesmo, o Grupo I dos Obradoiros da Memoria do Sanguiñal (Tállara) e o alumnado de Infantil do CPI Cernadas de Castro recibirán cadanseu vale de 50 euros para gastar en farmacias lousamiás.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.