Monday 29 de December de 2025

Unha trintena de veciños e veciñas de Frades celebran unha primeira Festa Pre Fin de Ano


Algo máis de trinta veciños e veciñas participaron na primeira Festa Pre Fin de Ano organizada polo Concello de Frades. O centro sociocomunitario de Ponte Carreira acolleu na tarde de onte domingo unha das súas tradicionais “Tardes de Baile” con música en directo e que foi aproveitada para realizar unha Festa Prebadaladas.

A festa comezou ás 19:00 horas cunha sesión de baile coa música en directo do “Trío Reynamar”, que deu paso a unha chocolatada e unha Festa Prebadaladas na que non faltaron as doce uvas da sorte e o brinde final con champán. Unha festa na que a veciñanza estivo acompañada polos concelleiros de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, e de Cultura, Juan Carlos Portos Bra.

O programa de Nadal do Concello de Frades continúa co seu primeiro Concurso de Decoración de Nadal, dirixido tanto a vivendas como a negocios, que deberán presentar as súas propostas antes do 31 de decembro. Para participar só teñen que enviar un vídeo ou 4 fotografías da decoración exterior da vivenda ou negocio ao mail biblioteca.municipal@frades.gal. Entre os participantes entregaranse cestas de produtos de Nadal.

Deja un comentario