Sunday 28 de December de 2025

Lorenzana visita o Belén de Playmobil da Fundación Genesal Energy


A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou esta mañá o tradicional Belén de Playmobil que a Fundación Genesal Energy monta cada ano por Nadal e que desde hai un ano abre as súas portas á veciñanza.
O Belén de Playmobil conta con máis de 30 metros cadrados de superficie e recrea unha aldea imaxinaria onde se dan cita personaxes do máis variopinto: desde María Pita ou ET pasando por Aladín, Timón ou Pumba. O Belén complétase cun poboado navideño tematizado que fai as delicias dos máis novos da casa.

Deja un comentario