O Concello leva actividades para a rapazada por todo o municipio
O Nadal nas parroquias continúa co seu periplo polo municipio de Ribeira, levando obradoiros, inchables, sesión disco e visita do Carteiro Real durante estas datas, en horario de 17.00 a 20.00 horas. Trátase dunha proposta da Concellería de Cultura ao abeiro da programación do Nadal Cultural 2025-2026 pensada especialmente na rapazada de tódalas parroquias.
A primeira parada foi Corrubedo a comezos desta semana para continuar hoxe en Artes, no pavillón do colexio. Proseguirá en Palmeira, no pavillón Alcalde Torres Colomer, no sábado, 27 de decembro; en Oleiros, no centro social e exterior, no luns, 29 de decembro; en Olveira, no pavillón de Sirves, no martes, 30 de decembro; en Carreira, no centro social e exterior, no venres, 2 de xaneiro; en Aguiño, no pavillón CEIP Heroínas de Sálvora, no sábado, 3 de xaneiro; e en Castiñeiras, na casa da cultura e exterior, no domingo, 4 de xaneiro.
Toda a programación pode consultarse na web municipal www.ribeira.gal.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.